CRTVG

Buscar

25 anos sen o poeta monfortino Lois Pereiro

Publicado o 24/05/2021 20:05
25 anos sen o poeta monfortino Lois Pereiro

Un 24 de maio de fai hoxe 25 anos morría na Coruña o poeta Lois Pereiro. Pereiro pasou parte da súa vida padecendo as secuelas da enfermidade que lle provocou o aceite de colza, algo que determinaría toda a súa obra. Considerado poeta da contracultura e o malditismo, no ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Hoxe, no 25 aniversario da súa morte o concello de Monforte de Lemos, a súa vila natal, agasalla os veciños unha biografía do poeta.

Noticias web

24/05/2021