25 anos sen Lola Flores
Publicado o 15/05/2020 21:38
Cúmprense 25 anos do pasamento de Lola Flores. A Faraona foi durante décadas a raíña da bata de cola e a folclórica máis internacional. Chegou a Hollywood e tamén ao Madison Square Garden de Nova York. Unha artista de temperamento enriba do escenario e tamén na súa vida.