24 mozos, a maioría menores, desaloxados o sábado en Ribeira nunha festa ilegal
Publicado o 16/05/2021 15:51
A noite foi bastante tranquila na maioría de cidades e vilas galegas, pero a tarde en Ribeira foi algo movida.
Unha festa ilegal e a porta pechada no barrio do Bandourrío obrigou a actuar á Policía Local. Os axentes recibiron unha chamada alertando de que había un grupo de mozos participando nesa festa nun local hostaleiro da rúa Cervantes
Eran sobre as seis da tarde e unha dotación policial desprazouse ata o lugar. O local levaba sen actividade desde o verán pasado, pero onte estaban celebrando un aniversario dun dos participantes. Os axentes identificaron 24 persoas; 23 eran menores de idade e os axentes tiveron que darlle aviso aos seus pais. Nos vindeiros días recibirán proposta de sanción.