24 millóns e medio de persoas infectadas en todo o mundo
Publicado o 28/08/2020 14:24
O planeta camiña cara aos 24 millóns e medio de infectados. En América Latina os casos superan os sete millóns.
A pandemia castiga con dureza O Perú onde o sector sanitario está a protestar polas súas condicións de traballo.
Paradoxalmente, Colombia rexistra unha repunta dos casos, mentres a súa capital sae do confinamento. Alarma tamen nunha Arxentina confinada, que nos últimos días superou os dez mil casos.
Cuba é unha excepción, con menos de cen mortos. Con todo, un maior número de casos neste mes de agosto fixo que o Goberno decretara o toque de queda na Habana a partir das sete da tarde.