CRTVG

Buscar

22.800 quilos de bonito na primeira poxa da costeira en Burela

Publicado o 03/06/2020 16:00
22.800 quilos de bonito na primeira poxa da costeira en Burela

O porto de Burela acolleu este martes a primeira poxa da costeira do bonito deste ano. En concreto a poxa foi polos 22.800 quilos de bonito descargados por dous barcos con base en Bermeo.

O gerente de Armadores de Burela (A.B.S.A), Miguel Neira, en realidade esta primeira poxa adiantouse "uns dez días" sobre "o que vén sendo habitual" ano tras ano, dado que "normalmente adoita celebrarse a mediados de xuño".

Este a ano a primeria costeira non só se adiantou tamén foi "unha primeira poxa con máis quilos" do habitual, porque o normal é que cada barco descargue no porto en torno a uns "5.000 quilos", pero os dous buques vascos sumaron 22.800 quilos de bonito.

En canto ao prezo do peixe, oscilou entre os 7,90 e 9,02 euros por quilo, aínda que a cotización máxima chegou aos 12,20 euros.

Nese senso, Neira destacou que o prezo tamén foi "lixeiramente por enriba" do rexistrado na primeira poxa da pasada campaña.

Iso débese, aclarou o xerente de ABSA, a que se puxo á venda un "produto de calidade extra", cun "tamaño por enriba do habitual".