CRTVG

Buscar

Seis mortos no Everest en pleno atasco para facer cima unhas 200 persoas

Publicado o 24/05/2019 17:01
Seis mortos no Everest en pleno atasco para facer cima unhas 200 persoas

Longa ringleira de supostos alpinistas subindo o monte Everest, ao teito do mundo. E dicimos supostos porque en realidade son uns 200 turistas de moi alto nivel adquisitivo, que van agarradados a unha varanda, enchufados con osíxeno e asistidos por sherpas persoais. Riscos e incomodidades, as xustas. Aínda así, nas últimas horas faleceron tres persoas, todas elas na baixada.

Onte racharon o récord de ascensos nunha mesma xornada, pero tamén crearon un atasco que provocou colas de varias horas nun estreito paso da ladeira próximo ao cume.

Desde o campo base, o representante do Ministerio de Turismo do Nepal, Gyanendra Shrestha,confirmou que uns 250 montañeiros saíron do Campo IV (7.900 metros) durante a noite do martes ao mércores, dos que máis de 200 alcanzaron hoxe a cima máis alta do mundo. A apenas unha semana de que a boa meteoroloxía se disipe, moitos deles queixáronse de ter que esperar durante "horas" en longas colas polo abarrotamento na zona Cima Sur (8.690 metros), aínda que non se reportaron baixas durante o ascenso de hoxe, segundo afirmou Shrestha.

En 2012 produciuse unha situación similar, cando 260 montañeiros trataron de facer cume nun mesmo día aproveitando o bo tempo, o que causou unha acumulación de xente no famoso chanzo Hillary, unha rocha vertical de 12 metros que supón o último grande obstáculo antes do teito do mundo.

 

Noticias web

24/05/2019