CRTVG

Buscar

A residencia Doral de Mos, con 206 casos, é a que ten máis contaxios en Galicia

Publicado o 22/11/2020 21:15

A residencia de Mos é agora mesmo unha das máis afectadas de Galicia. Suma 206 casos activos pola covid−19, 67 deles confirmáronse nas últimas vinte e catro horas e afectaron a 44 anciáns, a dez discapacitados do centro e a trece traballadores. Estas cifras convérteno no xeriátrico con máis contaxios da comunidade autónoma e superan as do asilo de Vilalba, que se mantén nos 117 usuarios e 19 traballadores con positivo.

Outras dúas residencias cun número alto de casos, aínda que por debaixo dos cen enfermos, é a de Ribadumia, con 44 afectados, e esta de Vigo, con 39.

En total, en Galicia hai 513 anciáns diagnosticados con covid−19, 29 máis ca onte, e baixa a 220 o número de traballadores infectados.












 

Noticias web

22/11/2020