200 desaloxados e 15.000 hectáreas queimadas nos incendios de Córdoba, na Arxentina
Publicado o 25/08/2020 08:59
E na Arxentina, seguen incontrolados os incendios rexistrados na provincia de Córdoba.
Hidroavións, helicópteros e bombeiros tratan de controlar o lume que xa arrasou máis de 15.000 hectáreas de zona forestal.
As lapas tamén queimaron varias vivendas e máis de 200 persoas tiveron que ser desaloxadas dos seus fogares.
Son os incendios forestais máis importantes rexistrados na zona nos últimos 12 anos.