CRTVG

Buscar

Dezanove anos da desaparición de Déborah Fernández

Publicado o 30/04/2021 08:10
Dezanove anos da desaparición de Déborah Fernández

Este 30 de abril cúmprense 19 anos da desaparición da viguesa Deborah Fernández, que daquela tiña 21 anos. Aquela tarde saíu a correr por Samil como de costume. A derradeira vez que a viron, estaba a 150 metros do seu domicilio e eran preto das 9 da noite.

Dez dias despois apareceu o corpo nunha gavia a 40 quilómetros da súa casa, e o caso segue sen resolverse. A falta dun ano para que prescriba o crime, a familia segue tratanto de que se esclareza a causa da morte e desaparición de Deborah e que se faga xustiza.