CRTVG

Buscar

19.400 profesionais sanitarios infectados por COVID en España, o 20 % xa dado de alta

Publicado o 06/04/2020 18:37

Un total de 19.400 profesionais sanitarios deron positivo por coronavirus desde o comezo da pandemia, dos que arredor do 20 % xa foi dado de alta. Do total de infectados, arredor do 10 % requiriu ingreso hospitalario. Son cifras as cifras que achegou esta mañá a xefa de área do Centro de Coordinación do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias (CCAES) do Ministerio de Sanidade, María José Sierra, na conferencia de prensa telemática posterior á reunión do Comité de Xestión Técnica do Coronavirus.

Sierra dixo que, ata o momento, os casos notificados de profesionais sanitarios son 19.400, xa que este colectivo é un sobre os que se está centrando o diagnóstico ao ser persoal que esta en contacto co virus e o Ministerio está solicitando das comunidades autónomas información sobre o seu estado porque en moitas ocasións os datos dos que se dispón son individualizados.

"Pola información que temos, arredor do 20 % foron xa dados de alta, pero esta información estámola afinando", dixo Sierra.

Así mesmo, indicou que sobre a "información individualizada", que analiza o Centro Nacional de Epidemioloxía "de forma constante" sábese que ao redor do 10 %, "como moito", do persoal sanitario contaxiado estivo ou está ingresado, co que "a gran maioría está tendo un seguimento domiciliario da infección".