180.000 sinaturas para pedir unha ABAU única en todas as comunidades
Publicado o 17/06/2019 18:31
As sinaturas van dirixidas á ministra de Educación, Isabel Celaá. Din que existen diferenzas enormes entre os temarios que esixen nunha e noutra comunidade e que cunha ABAU única non habería desigualdades.
Piden que se siga o exemplo de Italia e Alemaña, onde a proba de acceso á universidade é a mesma para todo o país e se realiza nas mesmas datas.
Amais dunha proba única, cun temario único piden tamén que o criterio para corrixir sexa o mesmo en todas as comunidades.