CRTVG

Buscar

Máis de dez millóns dun cuarto premio van para Vigo, onde se venderon 54 series

Publicado o 22/12/2020 12:32

• A administración tiña asignadas 90 series pero devolveu 36

O segundo cuarto premio da mañá, que saíu ás 12.41, correspondeu ao número 38.341. Deste vendéronse 54 series na administración viguesa situada na rúa de Urzaiz, 120. 

Esas 54 series, agraciadas con 200.000 euros cada unha, deixan en total 10.800.000 euros en premios.

Non obstante, o premio puido ser aínda maior xa que esta administración tiña asingadas 90 series dese número, que de terse vendido elevarían o premio ata os 18 millóns de euros. Finalmente non se venderon todas e devolveron 36.

Malia isto, nesta administración, a felicidade multiplicouse por tres. Pola importancia do premio, polo momento no que chega e porque está moi repartido entre os seus clientes do barrio do Calvario.

Polo de agora ningún agraciado se achegou pola administración, pero pronto haberá noticias porque o 38.341 deixou unha importante chuvia de millóns.