CRTVG

Buscar

18 contaxiados nun gromo nunha residencia de persoas con discapacidade en Allariz

Publicado o 17/07/2021 21:22

E un gromo nunha residencia de persoas con discapacidade en Allariz deixa 15 usuarios infectados e 3 traballadores.

Foi o postivo dun dos empregados o que levou a facer xa dous cribados no centro. Segundo a Fundación San Rosendo, que xestiona a residencia, trátase de xente nova que se atopa asintómatica ou con síntomas leves.

Política Social tamén deu conta doutro gromo nunha residencia de anciáns en Campolongo, en Pontevedra, con 7 maiores contaxiados.

Noticias web

17/07/2021