17 persoas en corentena por un positivo nun campamento de verán en Cangas
Publicado o 27/07/2021 14:06
Os dous grupos burbulla clausurados asistían ao campamento de verán no instituto de Rodeira, que é unha das catro sedes en que se reparten as actividades. Polo de agora, dos menores de 9 a 12 anos en corentena só hai un positivo confirmado e os demais e os seus monitores están pendentes do resultado das probas. En total, segundo fontes municipais, son dezasete persoas.
Con 10 novos casos na última actualización do Sergas, a incidencia a catorce días no concello de Cangas ascende xa a 328 positivos por cen mil habitantes.
Soben tamén os casos activos na área sanitaria de Vigo, onde xa suman 4.348, outra cifra que bate marcas. En total, hai catro pacientes en coidados intensivos e outros 45 ingresados nos hospitais vigueses.