Máis de 200 detidos polas protestas en París no Día do Traballo
O primeiro de maio máis de 7.400 policías se despregaron nas rúas de París maiormente pola anunciada presenza dos chamados black blocks, grupos radicais que protagonizaron os enfrontamentos na rúa canda os chalecos amarelos, que canalizan o descontento social no país. Houbo case trescentos detidos, e os disturbios escureceron unha xornada na que saíron manifestarse unhas corenta mil persoas.
En Santiago de Chile os dous sindicatos maioritarios convocaron cadansúa marcha. Cara o final producíronse varios altercados, e os danos máis graves sufriunos un centro comercial, que foi incendiado.
En Alemaña programáranse para o Primeiro de Maio un cento de marchas de ideoloxías diversas, dende a esquerda á ultradereita, en paralelo ás tradicionais convocatorias sindicais. En Berlín marcharon unhas dez mil persoas e foi nun barrio do leste onde se produciron os maiores altercados entre os manifestantes e o forte dispositivo policial.