150 nenos divírtense coa náutica no campamento de verán de Gandarío
Vela, windsurf, kayak, snorkel, son algunhas das moitas actividades náuticas das que estes días gozan os 150 mozos que paticipan nun campamento de Gandarío. Chegados de diversos puntos de Galicia e doutras comunidades de España, aproveitan o verán para gozar de novas experiencias, malia que ás veces o tempo non acompañe.
A golpe de ritmo latino comezan a xornada os 150 mozos que esta primeira quenda de xullo participan no campamento náutico de Gandarío.
Tras ese quecemento, é hora de ir gozar da auga e da náutica nas súas diversas modalidades. Para algúns é a súa primeira toma de contacto con estes deportes.
Tempo de aprendizaxe e tamén tempo de lecer, sobre todo ao caer a noite.
Actividades e experiencias que crean vínculos.
Toda unha experiencia náutica e persoal da que poderán gozar este verán ata 750 nenos en Gandarío.