15.000 euros para poder correr un rally, o prezo de competir
Publicado o 20/09/2019 16:38
Hai marcas como Pirelli que premian as copas de promoción e dan bolsas a pilotos. Mais no día a día, imaxinemos o que é economicamente competir nun rally. O prezo dunha roda anda entre os 300 e os 400 euros.
Xa falamos duns 2.000 euros nos pneumáticos. Combustible: o litro vai moverse entre os 3 e os 5 euros.
E engádanlle o seguro do coche. Con seguro a todo risco, cada piloto destes que ven, que loitan por ser campións, precisa uns 15.000 euros por rally.