14 millóns de euros é o valor dos máis de 400 quilos de cocaína que interceptaron hai dous anos con destino Ourense
Publicado o 04/03/2021 12:55

14 millóns de euros é valor da cocaína que estaba oculta en varias caixas de froita. Máis de 400 quilos de cocaína de gran pureza que se interceptaron hai dous anos no porto de Leixões, en Portugal, e que, ao parecer, tiñan como destino os almacéns de froita Mavaz, situados no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas.
Só o empresario ourensán e o seu empregado continúan en prisión dende aquela dos dez encausados. Agora os seus avogados piden que se xulgue o caso na Audiencia Nacional por producirse os feitos en varias demarcacións.
A fiscalía sostén que debe de ser a Audiencia de Pontevedra a que se encargue por ser o centro desa suposta organización criminal. Piden penas de 13 anos e multas de 30 millóns de euros.