12 países participan en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico
Publicado o 06/02/2019 15:40
E abriu as portas o Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Para todos: Xantar.
Fogóns a pleno rendemento dende primeira hora nos 15 restaurantes presentes no salón de turismo gastronómico. Un produto do mar ou da terra arredor do que xira toda unha economía.
O evento xunta 273 expositores de 12 países. Prográmase unha chea de actividades que explotan as potencialidades da gastronomía como reclamo turístico, un eido en que Galicia ten moito que ofrecer.
A cadea de produción que remata co alimento na mesa comeza no campo e no mar. Se o turismo pula da gastronomía, cómpre reforzar o sector primario.
O Brasil é o país convidado nesta edición, en que o veciño Portugal ten tamén unha presenza importante.