CRTVG

Buscar

12 drons e 120 cámaras controlan case o 60% da superficie forestal galega

Publicado o 23/07/2020 14:16

32 cámaras fixas e 10 drons incorpóranse este ano ao dispositivo de control e vixilancia dos montes galegos. Van ser en total 120 cámaras e 12 drons que, segundo Medio Rural, permiten xa ter controlado o 60% do espazo forestal galego.

Con dispositivos coma estes, controlados a 3,5 quilómetros de distancia, pretenden identificar mellor os incendiarios e adiantar a detección dos focos. Pero din que tamén son útiles para a investigación dos incendios. Serven para, por exemplo, a avaliación e a medición da superficie queimada.

Estes dous axentes forestais investigan un dos tres focos simultáneos que o pasado sábado provocaron un incendio neste concello lugués de Paradela. Nesta pequena bandoleira vai un dos 12 drons dos que dispón a Consellería do Medio Rural para vixiar o monte.

Teñen unha autonomía de entre 20 e 30 minutos, unha cámara térmica e diferentes modos de visualización que melloran a capacidade de vixilancia do monte.

En total, 12 drons e 120 cámaras que permiten cubrir case o 60 por cento do territorio e que poden ter outros usos como a investigación de pragas.


 

Noticias web

23/07/2020