CRTVG

Buscar

Agosto arranca con 115 voos programados nos aeroportos galegos

Publicado o 01/08/2021 15:12

Primeiro de agosto nos aeroportos galegos, o que significa fin das vacacións para uns e o comezo do descanso para outros, sen esquecer o pasaporte covid.

Os pasaxeiros non vacinados que viaxen ás illas Canarias ou ás Baleares deben presentar unha proba negativa previa á chegada.

"Agora xa estou vacinada, pero o Goberno das Canarias si me pedía antes a PCR para entrar". "Nós para ir a Mallorca tiñamos que facer unha PCR menos de 48 horas antes ou unha de antíxenos e facer un formulario para certificar onde vas estar".

No resto de destinos españois, non se esixe ningún tipo de proba Covid. En destinos europeos, o certificado de vacinación, vixente desde hai un mes, facilita a mobilidade entre os estados membros da UE. En caso de non telo, a maioría de países, entre eles Alemaña, Italia ou Francia, esixen pesentar unha proba negativa. No caso francés, 24 horas antes da viaxe.

"Piden vacinación, antíxenos ou PCR ou un documento que demostre que non tes síntoma ningún". "Tivemos que cubrir un formulario específico para Italia e para Malta e logo presentar certificado de vacinación ou test de antíxenos ou PCR".

Nos aeroportos galegos hai hoxe 115 voos programados.


 

Noticias web

01/08/2021