A residencia Doral de Mos contabiliza 145 positivos pola covid-19
Os familiares dun dos usuarios que vive en Doral Residencias de Mos deixan algunhas pertenzas na porta onde un traballador o recollerá e desinfectará. As visitas obviamente non están permitidas. Cóntannos fóra da cámara que desde a dirección do centro comunicáronlles a situación que se vive dentro.
Nas últimas horas detectáronse 80 positivos máis entre os usuarios. O total ascende a 92. Entre os traballadores, rexistráronse 32 positivos máis. Por outra banda, comunícanse outros 17 no Centro Residencial e Atención Diurna para Persoas con Discapacidade Gravemente Afectadas Doralresidencias.
Mos, onde está ubicada a residencia cunha parte para maiores e outra para discapacitados, está en cor vermella xunto con Nigrán, Gondomar, O Porriño, Vigo e e Redondela
Cóntanos a alcaldesa, o director do centro non quixo facer declaracións, que o primeiro contaxio está vinculado a un traballador.
Por outra banda, este sábado tamén se comunicou un novo gromo na residenca de San Salvador de Guntín que afecta a 11 usuarios e 5 traballadores.