CRTVG

Buscar

105.000 comerciantes, afectados pola restrición horaria

Publicado o 26/01/2021 19:17

Máis de cen mil comerciantes, propietarios ou empregados dos establecementos prepáranse para as restricións máis duras desde o confinamento de primavera.

Os esenciais -farmacias, parafarmacias, alimentación e reparacións- poderán abrir ata as nove e media da noite. Os non esencias -roupa, calzado, ferreterías, electrodomésticos- terán que pechar ás seis da tarde.

Hai comerciantes que tentan aproveitar os útimos minutos da última xornada antes das restricións con descontos para fomentar o consumo; xunto a outros que invisten as horas previas ás limitacións en reformular os seus horarios de apertura.

Aínda que algúns, das zonas que xa estaban perimetradas, xa se resentían hai tempo de pouca actividade nas últimas horas da tarde.

Que nos recollamos ao saír de traballar e facer as compras básicas é xusto o que pretende a nova norma, que estará vixente, en principcio, ata o 17 de febreiro.

Unha enquisa entre os comerciantes de Santiago Centro di que perciben a súa propia situación económica entre crítica e moi mala. E o 50 por cento din que a súa facturación este ano é menos da metade. Agora, esperan a letra pequena do DOG.

O que si se sabe xa é que os centros comerciais estarán pechados a fin de semana, agás da zona de alimentación dos hipermercados, para as que opera a normativa do comercio esencial. Abrirán ata as nove e media.

Noticias web

26/01/2021