CRTVG

Buscar

1.700 persoas de entre 50 e 55 anos están chamadas á vacinación na cidade de Ourense

Publicado o 13/03/2021 14:50

Aquí na cidade de Ourense son 1.700 persoas entre entre 50 e 55 anos as que están están convocadas hoxe para participar nesta primeira xornada de vacinación masiva en que se lles comeza subministrar a primeira dose da vacina AstraZeneca. Para levar a cabo a inmunización a área sanitaria trasladou ata este recinto ferial de Expourense, sete equipos pola mañá e outros sete pola tarde que van traballar de xeito continuado, desde 9 de mañá e ata as 9 da noite para inocular a todos os asistentes. 

"Hoxe é un pouco os preparativos para o que nos vai chegar, temos as instalacións, como vedes son incribles, temos os equipos, estamos preparados. Que cheguen as vacinas àra intentrar vacinar a maor cantidade de poboación posible no menor tempo", asegura Josefa Rodríguez Araújo, Coordinadora da campaña de vacinación na área sanitaria de Ourense.


Sen esperas a vacinación comeza a moi bo ritmo. Unha picada tras outra de AstraZeneca, que chega tamén cunha dose de ilusión.

"Canto máis xente mellor".
"Ademais, traballando na hostarelía, moito mellor".
"Ben, eu non lle teño medo ningún".
"Ao final penso que todo o mundo debe vacinarse", din os primeiros vacinados.

Sen reaccións importantes, despois de 15 minutos xa poden marchar para a casa.

"Chegar, pinchar e andando".
"A vacinación é importante, cantos mais sexamos máis pronto chegaramos á inmudidade de rabaño", aseguran. 
Na provincia de Ourense hai 25.000 persoas de entre 50 e 55 anos. Un 10% xa están vacinados.
 

Noticias web

13/03/2021