1.500 quilómetros de investigación para a síndrome de Rett
Publicado o 16/10/2021 20:32
Nove moteiros percorrerán un total de 1.500 quilómetros en moto para recadar fondos para a investigación da síndrome de Rett, unha enfermidade xenética que causa problemas no desenvolvemento e no sistema nervioso dos doentes, que son maioritariamente nenas.
A súa presentación foi este sábado ás portas da delegación da Xunta en Vigo. A ruta solidaria comezará o luns 25 de outubro, a saída e a chegada serán de Salceda de Caselas.
Serán un total de cinco días percorrendo varios puntos da xeografía galega e tamén do norte de España. A recadación será doada ao hospital Sant Joan de Déu, centro de referencia a nivel nacional da investigación desta enfermidade.