CRTVG

Buscar

0 60 % dos casos en Galicia son importados

Publicado o 30/07/2020 21:52

O foco de coronavirus de Arzúa mantense nos seis positivos da mesma familia. Na localidade, a precaución é máxima estes días. O gromo ten conexión cun caso de fóra. En Vigo rexistráronse nas últimas horas dous casos importados. Son dúas persoas que viaxaron en avión desde Lima facendo escala en Baraxas, aínda que non teñen relación entre elas.

Na provincia de Ourense detectouse un novo gromo ao daren positivo dúas persoas máis relacionadas cunha muller de Baños de Molgas que permanece ingresada.

En Vilar de Barrio tamén derivaron ao hospital o home da muller de 90 anos afectada pola covid−19. Permanecen illados no mesmo cuarto do Complexo Hospitalario de Ourense. No caso da Mariña, mantense en 44 o número de afectados. 

Noticias web

30/07/2020