CRTVG

Buscar

Urkullu non xudicializará a fin do estado de alarma

Publicado o 07/05/2021 23:40
Urkullu non xudicializará a fin do estado de alarma

Íñigo Urkullu

O lehendakari Íñigo Urkullu renuncia a xudicializar a fin do estado de alarma. Polo tanto, non recorrerá ao Tribunal Supremo para que valide as restriccións que pretendía manter en Euskadi e que rexeitou o Tribunal Superior do País Vasco. Urkullu pretendía aplicar un toque de queda nocturno e manter o peche perimetral autonómico e nalgúns concellos.

O lehendakari tamén salientou o "desconcerto xeralizado" que ao seu xuízo causou nas autonomías a fin do estado de alarma, aínda que rexeitou criticar o presidente Pedro Sánchez por non mantelo.