Falamos do xogo simbólico

Compartir en Facebook

O xogo é un elemento educativo de primeira magnitude. Xogar é unha actividade, ademais de pracenteira, necesaria para o desenvolvemento intelectual e afectivo do neno. Porque o xogo favorece a maduración e o pensamento creativo. Así, entre os 2 e os 6 anos aparece o chamado xogo simbólico. A partir de escenas vividas, o neno engade elementos propios. Chega a etapa de xogar a mamás e papás, a médicos ou a carniceiros. Isto permítelle ao neno entrar e saír de personaxes e roles diferentes e  experimentar situacións novas. Nenos e nenas imaxinan ser outras persoas, imitando situacións que ven na vida real. “Falamos de xogo simbólico”.

Programa TVG: Preescolar na casa