DEZ PIRATAS
- Autores: Gloria Sánchez, Montse Gisbert ilustradora
- Editor: Alfaguara Obradoiro
- Colección: Alfaguara infantil
- Ano: 2007
Este conto rimado conta a busca dun tesouro, o Marranchiño de Ouro, polos piratas da tripulación do barco Marabillas. Os piratas Orella de Cachucha, Leonardo Biosbar, Tripas, O Patatán, Furriqueiras, Man de Fouciño, Cascarilla, Corazón de Boi, Pistraca e o capitán Bocanegra van na procura do tesouro, pero a tripulación vai minguando a medida que suceden as aventuras, incluíndo o encontro con Vanesa Caracortada e a nave Capitana.
Este libro gustarache moito porque nel acontecen moitas aventuras cheas de humor.
Propostas: É un libro moi divertido para xogar a representar en familia e tamén na escola.
Premios: Libro gañador da IV edición do Premio Frei Martín Sarmiento
Recomendado por: Mercedes Cerdeiras