-
'Teño uns pés perfectos'
Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo
-
"A historia de Parche"
Libro escrito por Silvia Romero e ilustrado por Laura Concheiro para concienciarnos sobre os cans abandonados e vítimas de malos tratos que acaban nunha canceira. Os cartos recadados coa venda do libro son para o Refuxio de Ponteareas.
-
O meu pesadelo favorito
Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo.
-
A pantasma da casa da Matanza de Miro Villar. Biblos
A sombra desta historia é especial, porque é a sombra que viviu na casa da matanza, a casa de Rosalía de Castro, e neste conto rimado cóntanos a súa experiencia.
-
Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro. Xerais
Trátase dunha antoloxía de poemas acompañado dun CD con tres poemas musicados e interpretados por Paco Ibáñez.
-
Para facer o retrato dun paxaro
Un lenzo, unha paleta de cores e un pincel bastan para trazar as liñas da gaiola na que se acabe pousando o noso paxaro. Unha espera paciente, que pode ter a súa recompensa se a ave nos agasalla co seu canto.
-
Palabras de auga
Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia.
-
O corazón de Xúpiter
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo.
-
A punta de pistola
A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola.
-
Rugando
Novela xuvenil na que nos propón unha historia en dous tempos: o noso presente e os comezos do XIX, nos anos previos á desamortización de Mendizábal.
-
Miguel Strogoff
Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares
-
Rosa Caramelo
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impórlle ese aspecto, poderá por fin descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.
-
Centauros do norte
Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte.
-
O neno can
O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día.
-
O peizoque Roque
O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. A palabra como símbolo e como eixo poético.
-
Mortos e ningures
En Mortos de ningures nárrase o caso dos mortos “ningurenses”. A inspectora Nola, coa colaboración do seu gato Lolo, debe reconstruír o acontecido na cidade de Todures, onde aparecen varios mortos da localidade veciña de Ningures que comparten unha característica: todos eles deixan correr sangue verde.
-
Bocadillos e sándwiches
Ouvirmos bota a andar a colección “Cociña infantil e familiar” coa publicación do volume Bocadillos e sándwiches. A través deste libro de receitas, e dos nove restantes que completarán a colección, descúbreselles o mundo da cociña aos máis pequenos como actividade lúdica e creativa.
-
O papaventos de Laura
Laura recibe un fermoso agasallo do seu padriño: un papaventos con forma de barco pirata. Un día foi voalo á praia e escapoulle, pero recuperouno chamando por el (xa que se lle ocorrera bautizalo co nome de “Pluma Negra”).
-
Cos ollos na lúa
Dark (un can brango e negro) e Noa (a súa ama) forman unha parella que a pesar das súas diferenzas cultivan unha fermosa amizade basada na confianza, na complicidade e no agarimo