Ficha
Data de inicio de emisión:
Abril 2009
Data de fin de emisión:
Xaneiro 2013
Xénero/s:
Drama, Policíaco
Director/es:
Marta Piñeiro, Toño López
Actor/es:
Antonio Mourelos, Camila Bossa, Carolina Vázquez, Daniel Currás, Daniel Lago, Fernando Morán, Iago García, Luisa Merelas, Marcos Vieitez, María Mera, María Tasende, Mighello Blanco, Mónica Camaño, Monti Castiñeiras, Nuncy Valcárcel, Rebeca Montero, Xavier Deive, Xosé Barato
Restrición de idade:
+ 13
Matalobos é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia cuxos exteriores están ambientados na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. Sardiñeira é un lugar tranquilo, rico en paisaxes, cun clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos: deportivos, casas de revista á beira do mar, planadoras, luxosas festas e unha pistola sempre debaixo do colchón... estarán á orde do día.Porque na vila haberá cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán a por eles.