En Serie

Fontealba Fontealba

Ficha

Data de inicio de emisión: 
Setembro 2016
Xénero/s: 
Drama
Director/es: 
Gerardo Rodriguez, Jesus Font
Actor/es: 
Paula Morado, Sonia Castelo, Fran Paredes, Josito Porto, Sonia Castelo, Sheyla Fariña
Restrición de idade: 
+ 13

Fontealba narra os conflitos da adiñeirada familia Douro despois de que a filla menor do clan, Nina, desaparecida desde a festa do seu 18 aniversario tras unha discusión coa nai, volva aparecer nas vidas dos habitantes da Casa Grande de Chao e buscando vinganza.

Fontealba, serie producida por Atlántica Media, conta con rostros coñecidos como o actor Julio Pereira, que, despois de interpretar a Mario en “O Faro”, regresa, nesta serie como o patriarca dos Douro. Tamén forman parte do elenco de “Fontealba” Sonia Castelo, Melania Cruz e Sheyla Fariña, quen interpretará a Nina. Así mesmo, estarán na serie veteranos actores como Josito Porto ou Xavier Pan.

Paula Morado é outra das incorporacións do serial da TVG, que conta tamén igualmente con Fran Paredes; Mateo González, Alicia Armenteros, Martín Suárez, Marta Carrillo, Alejandro Ortega, Machi Salgado, Silvana Sestelo e Laura Míguez. A trama de “Fontealba”, está dirixida por Gerardo Rodríguez e Jesús Font e desenvolverase en despachos, nun laboratorio ou na cociña da casa familiar.