CRTVG

Buscar

Deportes a carta

3 - Burgos - Obradoiro 3º partido

01/06/2011

Eliminatoria de ascenso á Liga ACB: Burgos 76 - Obradoiro 72

  O Obradoiro perdía o terceiro partido da eliminatoria de ascenso á máxima categoría do baloncesto español. No pavillón do Plantío, o Burgos estivo apoiado por máis de 2500 afeccionados. O Obradoiro, afectado pola importancia do partido, estivo desacertado nos tiros libres e no lanzamento exterior, ademais perdeu moitos rebotes en defensa. Entre os xogadores locais destacou Micah Downs con vinte puntos. No Obradoiro, o home máis importante foi Bulfoni. Con esta vitoria, o Burgos forzaba o cuarto partido da eliminatoria.