Especiais
TimelineTVG-
Xacobeo 99. Camiñantes de Galicia
Monforte acolleu o concerto do Xacobeo 99 Camiñantes de Galicia presentado por Juan Pardo con Mela Casal e Gloria Ferreiro. Actúan Marta Sánchez, Alberto Comesaña, Los Piratas, Sabela, Os Cempés, Xosé Manuel Piñeiro e a Banda municipal de gaitas.
-
Xacobeo 99. Todos con Santiago
A cidade de Ferrol acolle este concerto do Xacobeo 99, presentado por dous ferroláns moi populares: Paula Vázquez e Juan Pardo. Nel actúan Jarabe de Palo, Patricia Soler, Camela, Navajita Plateá, Pecos, Cristina, Cómplices, Edu...
-
Luar número 100
Luar celebrou a súa edicióno seu número 100, A Roda, Emilio Cao, Juan Pardo, Goma 2, Xil Ríos, Diosiño, María Ostiz, a Banda de Vincios, o Gaiteiro de Armentón, Bernardo Xosé e Pedro Abrunhosa.
-
Juan Pardo despídese no Luar
Juan Pardo anunciou que deixaba os escenarios nun programa de televisión para o que el foi unha referencia, o Luar. Era o 13 de abril do 2004.
-
Especial 24 de xullo
O Especial 24 de xullo é unha gala especial que se emite a véspera do Día de Galicia. Nel caben actuacións musicais dos maiores referentes da música galega. O programa inclúe tamén a emisión dos Fogos do Apóstol, a sesión pirotécnica que anuncia o 25 de xullo.
-
Galicia Documental. A Arañeira
Entre 1939 e 1945, a pesar da neutralidade de España, Galicia tivo un papel protagonista na guerra. O wolframio galego alimentóu a industria bélica de Hitler. Unha rede de espías alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentras os submariños U-Boot se abastecían en Vigo e Ferrol.
-
III Festa da Radio Galega
A III Festa da Radio Galega celebrouse en Ourense e foi transmitida tamén pola Televisión de Galicia. Alí recibiu parabéns de xente da radio de toda España: Joaquín Prat, Iñaki Gabilondo, Pepe Domingo Castaño, Matías Prats, Encarna Sánchez, José Luis Pecker, José María García, ou Mayra Gómez Kemp.
-
Galicia Terra Única. O son do Renacemento
Musical previo ao Día de Galicia, con Juan Pardo, Amancio Prada, Rocío Jurado, Xosé Manuel Budiño, María Manuela, Paloma San Basilio, Berrogüeto, Ana Kiro, El Consorcio, Trazantes de Tenorio, Xeque Mate e Cantareiras de Castro Floxo e Trullada.
-
Galicia Terra Única. O son das Américas
Juan Pardo foi a estrela central de varios dos musicais incluídos dentro da serie que baixo o nome Galicia Terra Única organizou a Consellería de Cultura en 1997. En Vigo celebrouse o concerto O son das Américas, que el presentou con Paloma San Basilio.
-
Crónica sentimental
Un percorrido pola historia da vida social, política, cultural e deportiva de España e Galicia do ano 1950 ata o 1975. Esta serie conta os acontecementos máis importantes da historia de España e de Galicia. Contén imaxes procedentes do No-Do, de mediatecas europeas e de
-
Bos días. A morte de Cela
Ás oito da mañá deste 14 de xaneiro faleceu en Madrid Camilo José Cela aos 85 anos de idade. A noticia marcou a información da xornada. A revista informativa Bos días dedicou boa parte do seu contido á noticia e ás reaccións que no mundo da cultura e tamén na localidade de Iria Flavia se produciron.
-
Ó fio do retrato
Este programa lévanos a coñecer persoas sorprendentes, que nos abren as portas da súa casa e os seus álbums de fotos. Remexemos nos caixóns da memoria, desde os que compartimos as historias da súa vida.
-
Shin Chan
Shin Chan é un neno optimista e despreocupado, que sinte debilidade polas mulleres guapas e ten unha habilidade especial para alporizar a todos cantos se cruzan no seu camiño. Tanto no colexio como na casa protagoniza todos os conflictos.
-
Os contos do camiño
Historias independentes inspiradas en contos de tradición oral de diferentes culturas. Cada capítulo corresponde a un álbum ilustrado e presenta composicións de músicos galegos. Serie dirixida a un público de 3 a 7 anos.
-
O rei da comedia
Un programa concurso que xira arredor do mundo do humor na televisión e que tamén é un concurso de tele realidade. Van ser os propios concursantes, que se manteñen ao longo de toda a temporada, os encargados de deseñar o propio programa.
-
Servicio de urxencias
A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena traballan no servizo de urxencias dun hospital visto en clave paródica e de humor. É a primeira serie de ficción televisiva producida na TVG.
-
2009. Un ano en imaxes
Reporteiros escolle as imaxes e as noticias máis destacadas de 2009 emitidas nos informativos de TVG. Foi o ano do secuestro do Alakrana no Índico, o relevo de Pérez Touriño por Núñez Feijóo, a implantación do Plan Bolonia, ou o triunfo de Anxela Merkel en Alemaña.
-
S.O.S.
Programa de humor que se emite nas noites dos sábados de verán. Dramatízanse algunhas situacións divertidas relacionadas co verán. A praia e a gastronomía son dúas das súas protagonistas.
-
O semanal. A sentenza da Nécora
Unha sentenza indignante. Reportaxe sobre a sentenza final do caso Nécora, que causou indignación na opinión pública galega. As rebaixas de condena aos principais acusados, cuestionan tanto a instrucción do xuíz Garzón como as confesións dos arrepentidos.