Especiais
TimelineRG-
Manuel Colmeiro, pintor
Programa especial dedicado á figura do pintor Manuel Colmeiro (1901-1999). O artista, falecido o 1 de outubro de 1999, relata aspectos da súa vida e amosa a valoración que fai da arte, da evolución da súa obra e da arte do futuro.
-
Fernández Albor, presidente da Xunta
O resumo informativo semanal presentado por Encina Ramos da conta da toma de posesión, o 16 de xaneiro de 1986, de Xerardo Fernández Albor como presidente da Xunta de Galicia, despois das eleccións autonómicas de 1985.
-
Diego Bernal no Miradoiro
O periodista Diego Bernal mantivo colaboracións periódicas no Miradoiro da Radio Galega en 1992. Aquí aparecen xuntas algunhas das súas intervencións nas que comenta noticias de actualidade ou referencias históricas e sociais de Galicia.
-
Wenceslao Fernández Flórez
Programa especial sobre a figura de Wenceslao Fernández Flórez en forma de tertulia, na que participan Xosé Luis Blanco Campaña, Manuel Lombao, Ramón Luís Acuña e Luís Carandell. Falen tamén de poesía e de periodismo galegos.
-
Benedicto en Ó son da súa música
Benedicto García, cantautor e mestre, relata nesta entrevista de Cristina Lombao moitas das cousas que lle pasaron na súa vida, que fixeron a súa maneira de ser e de facer as cousas, a música e o traballo e selecciona a música que máis o influíu.
-
A noite de San Xoán
Paco Rivas presenta este programa na noite de San Xoán e nel recóllense historias sobre as súas orixes, as súas manifestacións, divertimentos, costumes e crenzas, ritos e máis elementos da festa do día máis longo do ano.
-
Xesús Alonso Montero xubílase
O profesor Xesús Alonso Montero xubílase da súa actividade docente e é obxecto de varias homenaxes. Ana Romaní entrevístao na Radio Galega e con el fala da súa historia como profesor.
-
Homenaxe a Suso Vaamonde
O cantautor foi obxecto dunha homenaxe en Salvaterra de Miño que a Radio Galega emitiu en directo. Compositor desde os 17 anos,formou parte de grupos como Os Copens e Marco Balorento, para consolidarse como cantautor posteriormente.
-
VI aniversario da Radio Galega
A Radio Galega celebra o seu sexto aniversario no Auditorio de Santiago de Compostela cunha festa chea de música galega.
-
Ana Romaní
Na sección Literatura Viva da Festa dos sábados da Radio Galega, Xulio Xiz entrevista á poetisa Ana Romaní, que recita algúns dos seus poemas e que relata as razóns da súa poesía.
-
Marino Dónega Rozas
Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, galeguista histórico "deses que axudaron a facer a Galicia de hoxe", Marino Dónega relata no programa Amigos como sobreviviu o movemento nos anos do Franquismo, o nacemento da Editorial Galaxia.
-
Alfredo Conde
Na sección Literatura Viva da Festa dos sábados da Radio Galega, Xulio Xiz comparte unha hora de radio co escritor Alfredo Conde, que comparte as súas experiencias e as súas opinións literarias e recita algúns dos seus poemas.
-
Carlos Pajares
O rector da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Pajares, participa no programa Amigos na tarde dos sábados da Radio Galega, e fala con Xulio Xiz da situación da investigación e dos retos inmediatos da universidade galega.
-
Luís Odón Abad Flores
Sen este enxeñeiro agrónomo case non se pode entender a concentración parcelaria. Escritor, ensaísta, profesor, divulgador, membro da Real Academia de Ciencias de Galicia, relata as súas experiencias no programa Amigos dos sábados da Radio Galega.
-
Antón Fraguas
Histórico do galeguismo, Antón Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905. Formou parte do Seminario de Estudios Galegos en 1928, profesor, en 1951 ingresou na Real Academia Galega. Nesta entrevista conta moitas das súas experiencias vitais.
-
Isidro Parga Pondal
"Meu avó que era un home aberto a toda clase de ideas, púxome na casa na que viviamos en Santiago un laboratorio e alí facía experimentos... incluso tiven explosións, por eso meu avó mo fixo no fondo da horta", conta Isidro Parga Pondal na que foi unha das últimas entrevistas que concedeu.
-
Francisco Fernández del Riego
Salvador Lorenzana foi o seu seudónimo durante boa parte da súa vida e moitos dos seus traballos, especialmente artigos periodísticos, levan esa sinatura. Francisco Fernández del Riego recorda, no progrma Amigos, interesantes pasaxes da súa vida.
-
Luz Pozo Garza, poetisa e profesora
Luz Pozo Garza, poetisa e profesora nacida en 1922 en Ribadeo, comparte con Xulio Xiz no programa Amigos da Radio Galega, moitas das súas experiencias vitais, e algúns dos seus poemas máis apreciados.
-
Celestino Fernández de la Vega
Coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor (O segredo do humor), Celestino Fernández de la Vega foi un escritor lucense asíduo dos parladoiros aos que asistían Luís Pimentel, Ánxel Fole ou Ramón Piñeiro. Foi tamén socio fundador de Galaxia.
-
Xosé Luís Méndez
O director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, comparece no programa Amigos, nos sábados da Radio Galega, para lembrar como foi a súa nenez, a súa educación e o seu percorrido profesional.