Especiais
Música-
Xacobeo 99. Todos con Santiago
A cidade de Ferrol acolle este concerto do Xacobeo 99, presentado por dous ferroláns moi populares: Paula Vázquez e Juan Pardo. Nel actúan Jarabe de Palo, Patricia Soler, Camela, Navajita Plateá, Pecos, Cristina, Cómplices, Edu...
-
Abe Rábade, na Solaina do Miradoiro
Músico compostelán, pianista sobre todo, compositor, Abe Rábade pasa pola Solaina do Miradoiro para lembrar os seus comezos no estudio da música, con só 4 anos, e a súa traxectoria ata converterse nun referente do jazz.
-
Planeta furancho
Planeta Furancho é un altofalante para a música galega contemporánea; un faro, unha axenda e un latexo diario e actual de todo canto acontece na nosa fascinante realidade musical. Conducido por Vituco Neira.
-
Zeca Afonso. Festival homenaxe
Sempre abril foi a homenaxe que a Radio Galega e a Televisión de Galicia lle tributaron ao cantautor portugués Zeca Afonso, coa participación de artistas galegos e portugueses.
-
Galicia Terra Única. O son das Américas
Juan Pardo foi a estrela central de varios dos musicais incluídos dentro da serie que baixo o nome Galicia Terra Única organizou a Consellería de Cultura en 1997. En Vigo celebrouse o concerto O son das Américas, que el presentou con Paloma San Basilio.