Especiais
Juan Pardo-
"Miña nai dos dous mares"
Programa especial gravado con motivo do Día de Galicia, baseado no disco de Juan Pardo en 1976, inspirado na lectura da obra de Ramón Cabanillas, con poemas musicados de Cabanillas e Eduardo Pondal, xunto a cancións de Juan Pardo. As cancións son presentadas por Juan Pardo desde a súa casa de Remesar, na Estrada, e por Carlos Casares, Ramón Piñeiro e Alfredo Conde.
-
En De Os Tamara a Os Resentidos
Juan Pardo interpreta A Charanga, un clásico da súa carreira musical, no programa que dirixiu Xosé Antonio Perozo facendo un percorrido moi rápido pola historia da música galega.
-
Juan Pardo despídese no Luar
Juan Pardo anunciou que deixaba os escenarios nun programa de televisión para o que el foi unha referencia, o Luar. Era o 13 de abril do 2004.
-
Galicia Terra Única. O son do Renacemento
Musical previo ao Día de Galicia, con Juan Pardo, Amancio Prada, Rocío Jurado, Xosé Manuel Budiño, María Manuela, Paloma San Basilio, Berrogüeto, Ana Kiro, El Consorcio, Trazantes de Tenorio, Xeque Mate e Cantareiras de Castro Floxo e Trullada.
-
Adiviña quen vive aquí
Unha viaxe sentimental e divertida para pisar o mesmo terreo que algúns mitos musicais galegos, como Pucho Boedo, Juan Pardo, Julio Iglesias, Ana Kiro, Andrés Dobarro ou Luz Casal.
-
Anduriña 1968. Juan Pardo
Anduriña foi un éxito cando Juan e Junior a cantaron en 1968. Juan Pardo gravouna varias veces só e coas súas fillas e acabóu converténdose nun clásico.
-
A charanga. Juan Pardo
Juan Pardo gravou A charanga en galego e en castelán simultáneamente e foi un gran éxito, número 1 de supervendas no ano 1969.
-
Galicia Terra Única. O son das Américas
Juan Pardo foi a estrela central de varios dos musicais incluídos dentro da serie que baixo o nome Galicia Terra Única organizou a Consellería de Cultura en 1997. En Vigo celebrouse o concerto O son das Américas, que el presentou con Paloma San Basilio.
-
Especial Noiteboa 2000, con Juan Pardo
Beatriz Manjón e Xose Manuel Piñeiro son os presentadores do programa especial da Noiteboa do ano 2000. O convidado especial deste programa é o cantante Juan Pardo.
-
Boa Noite, Noiteboa: Especial Noiteboa 1998, con Juan Pardo
Juan Pardo foi o protagonista do programa de Nadal de TVG de 1998. Presentouno e interpretou varias cancións, nun especial Noiteboa no que actuaron artistas de renome.
-
"Bravo pola Música": Especial Juan Pardo, 2011
"Bravo pola Música" é un programa especial dedicado ao cantante Juan Pardo que se emitiu o 28 de deecembro de 2011. O programa foi presentado por Iria Soengas e Ricardo Pardo, coa colaboración especial de Lys e Teba, as fillas de Juan Pardo.
-
Noiteboa 1997 con Juan Pardo
Este programa musical é o especial Noiteboa emitido pola TVG o 24 de decembro de 1997, en que o protagonista indiscutible foi Juan Pardo.
-
Noite de estrelas
Noite de Estrelas é o programa que substituíu a Venres Show. Aínda que o presentador seguía a ser o mesmo, TVG cambioulle o nome porque a súa emisión pasou do venres ao xoves.
-
Especial Noiteboa con Juan Pardo
Programa musical especial de Nadal que conta coa colaboración especial de Xil Ríos, Sabela e Ana Kiro, e coa actuación coral de varios dos presentadores de TVG.