CRTVG

Buscar

Especiais

Debuxos
  • A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes céntrase nas aventuras dun novo Superman no século 31 que combate xunto cun grupo de superheroes, coñecidos como a Lexión dos superheroes. Un grupo de adolescentes do século 31 viaxa ao pasado para contratar a Superman na súa loita contra o mal. 

  • King Kong

    King Kong

    Nesta serie King Kong chéganos en formato de debuxos animados e nela coñece a familia Bond con quen corre numerosas aventuras loitando contra monstros, robots, científicos loucos e outros perigos.

  • O inspector Gadget

    O inspector Gadget

    Serie de debuxos animados sobre as aventuras dun detective ciborg, o inspector Gadget, un humano dotado con variados gadgets biónicos implantados no seu corpo logo de ter un accidente. A súa antítese é o doutor Gang, o líder dunha organización de malevos, coñecida como "MAD". Estaba orixinalmente dobrada en inglés e francés, na versión galega os personaxes reciben o seu nome da versión francesa.

  • Goomer

    Goomer

     Goomer -o terrícola- e o seu robot Marcus chegan na súa nave, A Galiña Milenaria, ao planeta Mox, onde a nai de Goomer, a computadora máis lista do universo, detectara indicios de vida. En Mox recíbenos os alieníxenas, personaxes moi peculiares e cun xeito de vida semellante ao dos terrícolas. 

  • Xabarín Club
  • A familia Robinson (Debuxos)

    A familia Robinson (Debuxos)

    A Familia Robinson é unha serie de debuxos animados de producción xaponesa. Os Robinson viven en Berna, Suíza. É unha familia tradicional e tranquila ata que un día lles chega unha carta que lles vai cambiar a vida.

  • Os contos da mosca

    Os contos da mosca

    Os contos da mosca é unha serie infantil de debuxos animados. A protagonista é unha mosca inusual con zapatos marróns e con aspecto de neno roñón.

  • Doraemon

    Doraemon

    Doraemon comeza cando na vida de Nobita, un rapaz feble que usa lentes e estuda cuarto curso, aparece un gato azul sen orellas que sae do seu escritorio e lle come o almorzo. Este gato Doraemon é un robot-gato de rúa moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais.

  • Don gato

    Don gato

    Don Gato é o líder dunha pandilla de gatos de Manhattan composta por Panza, Espanta, Benito B. Bodoque, Demóstenes, e Cucho, que andan a escapar do oficial Matute, que intenta metelos na cadea.

  • Don dracula (Debuxos)

    Don dracula (Debuxos)

     

    Don Drácula é unha serie de animación realizada a partir dun cómic manga que leva o mesmo título. Drácula está no Xapón vivindo con súa filla Chocola e o criado Igor. O profesor Van Helsing chega ao país para destruílo.

     

  • Cazapantasmas

    Cazapantasmas

    Os Cazapantasmas é unha serie de animación baseada na película "Cazapantasmas", un éxito dos anos 80. Coma na película, Tres parasicólogos da Universidade Columbia de Nova York comezan o seu negocio traballando como cazapantasmas e investigando fenómenos paranormais. 

  • O carteiro Pat (Debuxos)

    O carteiro Pat (Debuxos)

    Pat Clifton é o carteiro rural da vila de Greendale nunha fermosa rexion ao norte de Inglaterra; está inspirada no val de Lonfsleddale. O carteiro Pat percorre vales e outeiros levando non só a correspondencia senón un sorriso, unha broma ou os comentarios da vida cotiá das xentes do val.

  • Capitán planeta

    Capitán planeta

    Capitán Planeta é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces

  • Batman

    Batman

    Batman é un superheroe que é o protector da cidade Gótica: defende os inocentes e mételle o medo no corazón da xente de mal vivir. 

  • A máscara

    A máscara

    O protagonista de A Máscara é Stanley, un contable novo que traballa nun banco pero de cando en vez transfórmase nun superheroe cos poderes que lle proporciona -a máscara-. Utilízaa para facer o ben e perseguir malfeitores. Peggy, a súa amiga xornalista, é a única que coñece o seu segredo e sempre anda tras del para conseguir as súas reportaxes. 

  • A banda de Ovidio

    A banda de Ovidio

    A Banda de Ovidio é unha serie infantil de debuxos animados realizada no Canadá que narra as aventuras de Ovidio, un parrulo churrusqueiro, e maila súa banda de amigos. Todos eles están caracterizados como animais simpáticos que viven as súas divertidas aventuras nunha illa do Pacífico.