Especiais
2010-
Planeta furancho
Planeta Furancho é un altofalante para a música galega contemporánea; un faro, unha axenda e un latexo diario e actual de todo canto acontece na nosa fascinante realidade musical. Conducido por Vituco Neira.
-
Galicia noticias
Programa informativo diario coas noticias de proximidade, aquelas que espertar un maior interese no cidadán. Esta é a edición da tarde, que se emite xusto antes do Telexornal Serán.
-
Reporteiros
A visita do Papa Bieito XVI a Galicia e a súa repercusión son analizados nesta edición de Reporteiros que inclúe tamén as reportaxes Tralas pegadas do crime e A cultura do pracer.
-
Bieito XVI no Obradoiro
A visita do Papa Bieito XVI a Galicia significou un reto de produción sen precedentes na historia da Televisión de Galicia, encargada de producir a imaxe e distribuíla para tódalas televisións do mundo.
-
Galicia camiño do Papa
Co gallo da visita do Papa Bieito XVI a Galicia Televisión de Galicia producíu unha serie de microespacios nos que se recordan as visitas de pontífices anteriores como Xoan Paulo II a Galicia.
-
25 anos de programas da TVG
Resumo de momentos especiais recollidos en programas da TVG nos seus primeiros 25 anos de historia. Cada unha das entregas da serie está dedicado a un tipo de programas determinado. Nesta primeira edición a protagonista é a ficción, as series e as películas.
-
800 aniversario da catedral de Santiago
Programa especial coa retransmisión en directo dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedralde Santiago de Compostela.
-
25 noiteboas
Este especial resume algunhas das actuacións máis destacadas de artistas que pasaron polos espacios habituais de Nadal, que se emitiron o día de Noiteboa, en toda a historia da TVG. Juan Pardo, Ella baila sola, Luz Casal, Luar na lubre...
-
Eirado
O nome do espacio pretende facer referencia a un lugar de encontro, xa que eirado é unha palabra que se refire ao lugar onde a xente das aldeas se xuntaba a iso da atardecida. Así pois, Eirado é un punto de encontro dos artistas galegos de todas as disciplinas.
-
Galegos no mundo
Galegos no mundo é un punto de encontro para os galegos da diáspora, que abren as portas das súas casas, amosando como é a cidade e o país no que viven. Narran as razóns da súa partida e os seus plans de futuro.
-
Entroido en Galicia
Programa especial en directo que amosa a celebración do martes de entroido por toda Galicia (Xinzo de Limia, Verín, A Coruña e Santiago de Compostela).
-
A solaina
Magazine da actualidade galega con participación da audiencia. O programa inclúe reportaxes a pé de rúa, participación de artistas ou colaboradores esporádictos, así como novos talentos, e o concurso telefónico As catro verdades.
-
Actualizad@s
Un equipo de reporteiros percorre Galicia buscando historias anónimas marabillosas. Espazo divulgativo que busca aos heroes da vida cotiá, dos que falaba Torrente Ballester; eses galegos e galegas (de toda idade e condición) que teñen cousas que contar.
-
Os visitantes
Remake escrito por Scoctt Peters da serie V, saga clásica sobre alieníxenas reptiles que chegan ao planeta para conquistalo, roubar a auga da Terra e usar a humanidade como alimento. O mecanismo da invasión extraterrestre nunca falla, a diferenza é que agora as enormes naves nais chegan ás capitais principais do mundo con unha mensaxe de paz.
-
Cultura 10
A actividade cultural de Galicia protagoniza este programa, desde as expresións clásicas como a pintura ou a literatura, as tradicionais como a gastronomía, ou os grandes eventos culturais, festivais de cine, videocreación...
-
Ana Kiro, toda unha vida
Ana Kiro faleceu o 24 de setembro de 2010 en Oleiros. A TVG adicoulle ao día seguinte unha edición especial de Luar, programa no que colaborara de forma habitual. Nel reprodúcese a súa derradeira entrevista para TVG.
-
Parladoiro: as voces de Galicia
O programa "O Parladoiro" dirixido por Xosé Luis Blanco Campaña, era un programa de entrevistas dunha hora de duración a persoas sobranceiras do momento.
-
A polos 25 (8)
A polos 25 zapeará nesta entrega polos mellores momentos da historia de TVG cando comezaba a década dos anos 90 que supuxo un cambio importante na evolución televisiva. Pasaranse as imaxes dun programa que supuxo toda unha revolución no cambio de formatos televisivos, Sitio Distinto, presentado por Antón Reixa.
-
A polos 25 (7)
A polos 25 está dedicado ao ano 1989. Na compaña de Xosé Ramón Gayoso e Pemón Bouzas repasamos programas como Corazonada ,Noite de Estrelas, Auga de Verán, Velaí ou Gran Casino; e series de éxito como Roseanne e Invasión.