CRTVG

Buscar

Especiais

2009
  • 2009. Un ano en imaxes

    2009. Un ano en imaxes

    Reporteiros escolle as imaxes e as noticias máis destacadas de 2009 emitidas nos informativos de TVG. Foi o ano do secuestro do Alakrana no Índico, o relevo de Pérez Touriño por Núñez Feijóo, a implantación do Plan Bolonia, ou o triunfo de Anxela Merkel en Alemaña.

  • Botarse ao monte

    Botarse ao monte

    Botarse ao monte fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina. O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.

  • George e Martha

    George e Martha

    Serie canadense de debuxos animados baseada no libro escrito e ilustrado por James Marshal e co-producida con Maurice Sendak. A serie xira en torno ás vidas de dous hipopótamos, George e Martha, que son os mellores amigos entre si e que conviven con outros animais da veciñanza.

  • Comando Chef

    Comando Chef

     Imaxínese que un equipo da Televisión de Galicia se presenta na súa casa coa seguinte proposta: dentro dunha hora pode vostede cear cunha persoa famosa. Tan só hai un problema: dispón dunha hora e ten que preparalo todo exclusivamente co que teña na casa.

  • Gondar

    Gondar

    O equipo de científicos e investigadores de Luís Gondar traballa no laboratorio de biotecnoloxía dunha empresa de alimentación. Nel, enfrontaranse a diversas pragas e intoxicacións que deberán investigar o máis axiña posible, para poder dar coas orixes dos virus. En cada episodio preséntanse dúas tramas argumentais: a la pescuda policial que investiga a crise alimentaria, e a personal, que se centra nas relaciósn entre os membro

  • Parlamento (2009)

    Parlamento (2009)

    Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985. 

  • O Nordés

    O Nordés

    O Nordés é unha serie que narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción dun xornal galego modesto: O Nordés, que xa cumpriu cen anos de vida. Está ambientada na cidade de Vigo e os seus protagonistas son os xornalistas. 

  • Miguel A. Prado: O xabarín tería que pasar polo ximnasio
  • Matalobos

    Matalobos

    Matalobos é un thriller policial que se desenvolve nun lugar imaxinario, A Sardiñeira, da Galicia costeira. É unha vila mariñeira, de clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos. 

  • Juanillo Esteban: Son a voz do Xabarín
  • Cazador de palabras

    Cazador de palabras

    Cazador de palabras é un docu-show divulgativo que ten como obxectivo transmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua. Cazador de Palabras é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular. 

  • Coidado co anxo

    Coidado co anxo

    Coidado co Anxo é unha produción mexicana de Televisa internacional dirixida por Víctor M. Foulloux e Víctor Rodríguez baseada na novela homónima da escritora Delia Fiallo. A trama reflicte a historia de Marichuy (Maite Perroni) que foi entregada a un orfanato porque súa nai estaba tan enferma que cría que ía morrer. Ao

  • Banda curta

    Banda curta

    Banda Curta nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou a explosión de bandas nacidas arredor da rede de locais de ensaio hai pouco tempo. Este novo espazo pretende funcionar como unha fiestra á que poidan asomarse os grupos, os festivais, as salas de actuacións, os estudios de gravación e todos os sectores que form

  • A polos 25 (3)

    A polos 25 (3)

    A polos 25 dedica este segundo programa aos mellores momentos da Lotería do Nadal que quedaron gravados na memoria colectiva dos galegos. 

  • A polos 25 (2)

    A polos 25 (2)

    Este programa de A polos 25 está dedicado ao ano 1986. O presentador Xosé Ramón Gayoso fala das súas primeiras lembranzas da TVG e dos moitos programas en que traballou desde o mesmo día de inauguración da canle. 

  • A miña famosa familia

    A miña famosa familia

    A miña famosa familia é un programa baseado na xenealoxía. En cada programa vemos como un cidadán anónimo fai un percorrido pola súa árbore xenealóxica para descubrir que está emparentado cun persoeiro histórico; alguén que o convidado nunca imaxinou que puidese formar parte da súa familia.

  • A Martabela

    A Martabela

    Distintos escenarios do verán galego servirán para revivir con máis forza as claves da nostalxia convertida en música e en recordos de toda unha vida. 

  • A doutora Quinn

    A doutora Quinn

    A historia da Doutora Quinn comeza no ano 1867 e céntrase nunha doutora de Boston, Massachusetts, Michaela Quinn. Despois da morte de seu pai, Michaela decide marchar a traballar a Colorado Springs e abrir a súa propia consulta. 

  • A caixa negra

    A caixa negra

    A caixa negra é unha serie de reportaxes onde en cada capítulo se revisa un acontecemento que causou un impacto social no momento de producirse