Especiais
2007-
Zeca Afonso. Festival homenaxe
Sempre abril foi a homenaxe que a Radio Galega e a Televisión de Galicia lle tributaron ao cantautor portugués Zeca Afonso, coa participación de artistas galegos e portugueses.
-
2007 en imaxes
As imaxes e as noticias máis destacadas de 2007 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia.
-
Efectos secundarios
A vida e o traballo do persoal que presta servizo nun centro de atención primaria nunha vida galega, co personaxe de Alicia Sampaio como protagonista. Para ela o traballo cos doentes, as relacións cos colegas e amigos, a vida coa súa filla... Todo é unha interminable loita contra os moitos efectos secundarios que ten estarmos vivos.
-
Air Galicia
Parodia e humor en forma de centos de sketches para rirse do mundo e dun mesmo. Da relación dos galegos coa morte, do Camiño de Santiago, da música popular, das festas gastronómicas, do sexo, das diferentes formas de facer turismo...
-
Valderrei
A serie conta a historia de Isa, unha muller de 40 anos, casada e con dous fillos que, despois de vivir moitos anos en Ferrol, foxe dunha situación matrimonial crítica. Isa tenta refacer a súa vida no lugar onde naceu, en Valderrei.
-
Son de estrelas
Concurso musical no que compiten 54 concursantes. Cada un deles representa unha comarca de Galicia, ata 53, e o último representa o mundo da emigración galega. O programa permítelles a veciños, parentes e amigos participar activamente a través de documentais dos que son protagonistas.
-
Acompáñenos
Programa diario de tarde realizado en directo con entrevistas a persoas que acoden aoplató ou a través do teléfono e tamén con actuacións musicais. Os protagonistas son as persoas maiores, invitadas a contar a súa realidade e tamén, en moitos casos, a súa propia historia. O obxectivo do programa, segundo explica o presentador na súa primeira edición, é facer posible que aquelas persoas que se encontren soas poidan participar ou
-
Outras realidades
Outras Realidades é un programa de reportaxes dos Servizos informativos de TVG.
-
Monk
Adrian Monk é un ex policía de San Francisco famoso polos métodos pouco convencionais cos que resolve os casos máis complicados. O asasinato da muller converteuno nun maníaco obsesionado por todo o que o rodea (xermes, alturas, multitudes, espazos pechados, alimentos...) o que fixo que o expulsaran do corpo.
-
Historias de Galicia
Historias de Galicia é unha serie divulgativa de produción propia da Dirección de Programas de TVG. O obxecto desta serie é divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural de Galicia. Historias de Galiciaestá feita con estrutura documental e fundamentos xornal&ia
-
Heroes
En Heroes vemos como cambian as vidas de varias persoas de todo o mundo cando, de repente, descobren que teñen superpoderes. Mentres unha eclipse total desprega a súa sombra sobre a Terra, un profesor de xenética da India, Mohinder Suresh, descobre un asombroso segredo ao tempo que investiga a desaparición d
-
Hai que mollarse
O contido principal de Hai que mollarse é o seguimento dun protagonista distinto en cada capítulo, que tamén pode ser unha parella e mesmo un grupo, ao longo dunha xornada de pesca.
-
Gata salvaxe
A protagonista de Gata Salvaxe é Rosaura Ríos; unha muller a quen os atrancos e as dificultades que atopa no camiño lle dan máis forza para saír adiante. Vendedora pola mañá, secretaria pola tarde e camareira á noite; así consegue esta moza sacar adiante a súa familia, composta por seu pai alcohólico, súa madrasta e seus dous medios ir
-
Galicia, cruce de miradas
Galicia, cruce de miradas é unha proposta de achegamento á Galicia práctica e entrañable, á vez que con certa base cultural, etnográfica e antropolóxica. É unha serie documental que ten un ritmo de narración ao estilo de conversa, guiada por Antón Reixa, que achega tanto lugares coma personaxes visitados, con indicacións específicas de gastronomía e aloxamento, e presenta as colab
-
Colombo
Colombo é unha das series policiais de maior culto entre os espectadores de todo o mundo. Colombo é un detective de homicidios do departamento de policía dos Ánxeles. É un personaxe moi particular: aparentemente despistado, pero eficaz, coa voz ronca, unha vella gabardina e un Peugeot 403. Está arr
-
Criaturas
Criaturas pretende reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes e intenta ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.
-
Air Galicia
Air Galicia é un programa de humor que en palabras dos seus creadores pretende "rirse dunha maneira de ser, a nosa". Cada capítulo está composto por varios sketchs curtos que intentan reflectir de maneira irónica a relación que os galegos mantemos con diferentes temas.
-
Acompáñenos
Acompáñenos é unha revista de televisión arredor da vida social dos maiores. Persoas interesadas en atopar parella explican canto hai que están sen ela, como lles afecta a soidade e como é a persoa que están a buscar.