Especiais
2005-
Libro de familia
En Santalla conviven a finais da ditadura franquista varias familias: Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que ten contas pendentes cos Freire, indianos que volven da emigración logo de facérense ricos en Venezuela. Libro de familia retrata a Galicia dos anos sesenta, cando empezan a emerxer as cooperativas e a industria e comezan a chegar os cartos da emigración.
-
Contando estrelas
Programa musical que combinaba actuacións tiradas de diferentes espacios da TVG dos anos 2003 e 2004, e novas presentacións, gravadas no porto de A Coruña no 2005. Coa presentadora colaboraron os nenos Hugo, Javier, Carmen e Aldara para crear un formato que enlazaba as actuacións cunha historia de ficción.
-
4º sen ascensor
É a historia de tres mozos e unha moza nun piso de estudantes: Sebastián é testador de medicamentos e estuda medicina, Sebas non sabe mentir e Lucía, súa curmá, é responsable, traballadora e maniática. E Fran é un vividor atractivo e folgazán.
-
A toda vela
Microespacio informativo realizado por mor da estadía en Galicia da Volvo Ocean Race 2005. No primeiro espacio preséntanse os deportistas españois participantes na competición.
-
Parlamento (2005)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985. Ao longo dos 25 anos tivo varios directores e presentadores.
-
O show dos Tonechos
O Show dos Tonechos é un programa de humor en que os protagonistas son o dúo -Os Tonechos-: Roberto Gómez (pai) e Pepo Suevos (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia dos Tonechos que vive nunha casa pegada nunha urbanización moderna.
-
Galicia documental
Título xenérico baixo o que a TVG ofrece unha serie de documentais, na súa maioría de produción galega. Os temas son variados pero na escolma hai moitos sobre a recuperación de elementos da memoria histórica de Galicia.
-
A dobraxe de Austin Powers
A película Austin Powers 2 ten unha das frases máis coñecidas da dobraxe de TVG, das máis votadas e das máis vistas en internet.
Austin Powers 2 emitiuse por primeira vez en TVG o 1 de setembro d -
4º sen ascensor
4º Sen Ascensor é unha comedia sobre as vivencias de tres mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera. Os protagonistas son: Sebastián, un mozo nervioso e inocente que estuda medicina mentres traballa como probador de medicamentos experimentais; Lucía, sú
-
Galicia a rentes do ceo
A Rentes do Ceo é unha serie documental sobre o patrimonio natural e artístico de Galicia con guión de Xurxo Souto.