Especiais
2004-
Juan Pardo despídese no Luar
Juan Pardo anunciou que deixaba os escenarios nun programa de televisión para o que el foi unha referencia, o Luar. Era o 13 de abril do 2004.
-
Benito Montero no Miradoiro
O fiscal xefe de Audiencia Provincial de Pontevedra, Benito Montero Prego, conta na Solaina do Miradoiro algunhas das súas intimidades, das razóns da súa profesión ou da súa convicción na defensa da lingua.
-
Galicia noticias
Neste programa informativo diario dedica boa parte desta última edición do ano a contar como viven os peregrinos o último día do Ano Xacobeo, con reportaxes sobre o ambiente que se respira arredor da catedal de Santiago.
-
Historias de Compostela
Programa documental que recorda a historia da cidade e o significado de moitos dos espacios delas, a pé de rúa, coincidindo coa celebración do primeiro Ano Xacobeo do século XIX. O documental fai un percorrido polos barrios da cidade para descubrir como naceron e ata como naceu o seu nome, como se distribuiron os gremios que aínda hoxe seguen conformando a estructura comercial e vital de Santiago de Compostela.
-
As leis de Celavella
Serie ambientada nunha vila galega de principios do século XX. Produción de corte costumista e intriga, na que se retrata un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia. Esta produción convértese na primeira serie de intriga da TVG, cun aspecto moi distinto das
-
Noite brava
Programa concurso dirixido a toda a familia. Un gran formato no que participaban dous equipos representantes de diferentes localidades da comunidade galega, que se enfrontaban a través de distintas probas e xogos que mantiñan a tensión ata o final.
-
Xabarín. 10 anos
Programa especial que festexa o décimo aniversario deste espacio que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG desde 1994. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia).
-
Miña sogra e mais eu
Miña sogra e máis eu conta a historia de Óscar, actor en paro que se ve obrigado a trasladarse coa súa familia á casa de Ana, a súa sogra, unha muller viúva acostumada a unha vida acomodada e tranquila.
-
As leis de Celavella
As Leis de Celavella é a primeira serie de intriga ambientada na Galicia de principios do século XX que emite a TVG. Na serie, de estilo costumista, retrátase un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia, mesturado coa riqueza do xénero de detectives. A historia conta as andainas dun avogado intrépido, Pablo, que volve á casa despois de oito anos de estudos e
-
Arrampla con todo
Un concurso que pon a proba a habilidade dos participantes para sobrevivir ás situacións domésticas fundamentais. Dous participantes acompañados de tres cómplices, familiares e amigos, compiten por chegar a unha poxa final con premios e regalos domésticos.