CRTVG

Buscar

Especiais

2003
  • Olegario Sotelo Blanco, editor

    Olegario Sotelo Blanco, editor

    O empresario e editor Olegario Sotelo Blanco relata na Radio Galega, aproveitando as vacacións de Semana Santa, da súa vida de rapaz que marchou á emigración buscando "cultura e formación máis que cartos". Alí foi camareiro, detective, fíxose construtor e fundou a editorial.

  • Manuel Rosales, atleta multicampeón

    Manuel Rosales, atleta multicampeón

    O atleta Manuel Rosales gañou varias veces o maratón de Nova York nas categorías adaptadas á súa idade. Tiña 67 anos cando Xusto López Carril o entrevistou nesta edición do Miradoiro realizada desde o Café Moderno de Pontevedra.

  • Paco Pestana no Miradoiro

    Paco Pestana no Miradoiro

    O poeta e artista lugués Paco Pestana estivo na Solaina do Miradoiro para falar de todo un pouco, da súa arte, da súa poesía e da súa vida, pero sobre todo para amosar a súa personalidade peculiar cargada de retranca e de humor.

  • Noticias. Actualidade local Ourense

    Noticias. Actualidade local Ourense

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de Ourense.

  • Noticias. Actualidade local de Santiago

    Noticias. Actualidade local de Santiago

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de Santiago de Compostela.

  • Alvaro Pino na Radio Galega

    Alvaro Pino na Radio Galega

    O ciclista Álvaro Pino planificaba a temporada 2004 como técnico do Phonak cando foi entrevistado na Radio Galega, recordando os seus anos de profesional, desde a súa primeira bicicleta ata os seus triunfos máis sonados, como a Vuelta Ciclista a España de 1986.

  • Xa somos máis de cen mil

    Xa somos máis de cen mil

    Case nove anos despois da súa primeira aparición en pantalla, o Xabarín consegue xuntar no seu clube de colegas máis de cen mil socios de toda Galicia e fora dela. A xeración Xabarín xa está en marcha.

  • Aqueles marabillosos anos

    Aqueles marabillosos anos

    Mítica serie na que Kevin xa adulto, desde a súa perspectiva de finais dos oitenta, narra a súa vida comenzando en 1968, cando tiña 12 anos, facendo un retrato da sociedade de entón e relatando os as repercusións que todos aqueles feitos tiveron na súa madurez.

  • Luar

    Luar

    Na temporada de 2003 o presentador habitual do programa aparece acompañado por Noelia Fernández e por Paula Vázquez, con novos decorados, imaxe e seccións pero coa mesma filosofía de presentar artistas e música galega e darlles un papel estelar dentro do programa.

  • Con C de cultura

    Con C de cultura

    Este espazo daba cobertura a todo tipo de actos e de eventos culturais tanto Galicia como doutras partes de España, baixo a premisa da actualidade. Un informativo para todo tipo de públicos, con estilo didáctico e ameno. Duraba uns quince minutos, en emisión de sábado e

  • As viaxeiras da lúa

    As viaxeiras da lúa

    En trece capítulos móstrase unha imaxe amable e divertida da Galicia inédita a través da aventura de cinco viaxeiras que percorren Galicia a pé, a cabalo, en barco ou en globo mentres comparten cos espectadores as distintas facetas de cincuenta concellos galegos, desde festas populares até posibilidades de turismo rural, entre outros segredos da Galicia interior. As viaxeiras son actriz Uxía Blanco, a poetisa Raquel Palacio, a fotógrafa Marta Garc&i

  • Terras de Merlín

    Terras de Merlín

    Documental esencialmente viaxeiro, pescuda nos costumes, tradicións e xeito de vida dos chamados países celtas: Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Bretaña, Asturias e Galicia.

  • Mañá será outro día
  • De poucas poucas pulgas
  • Bonanza

    Bonanza

    Narra a vida dunha familia no vello Oeste, nunha das épocas máis duras e violentas da historia dos EUA. A familia Cartwright está formada por Ben Cartwrig, pai modélico, educador e conselleiro, e os seus tres fillos, Adam, o intelectual; Hoss, o forte, e Joe, o mozo impetuoso de gran corazón. 

  • Con C de cultura

    Con C de cultura

    Con C de Cultura trata a actualidade cultural mediante dúas ou tres reportaxes e unha axenda.

  • Aventuras no tempo
  • As viaxeiras da lúa

    As viaxeiras da lúa

    A serie ofrece unha imaxe amable e divertida da Galicia inédita a través da aventura de cinco viaxeiras que percorren Galicia a pé, a cabalo, en barco ou en globo mentres comparten cos espectadores unha chea de sorpresas. As protagonistas da serie son a actriz Uxía Blanco, a poetisa Raquel Palacio, a fotógrafa Marta García, a xornalista Micaela Sinde e Inés Cuadrado, arxentin