CRTVG

Buscar

Especiais

2002
  • Adeus a Camilo José Cela

    Adeus a Camilo José Cela

    A Tarde da Galega. 17 de maio de 2002. Conexión con Iria Flavia para asistir en directo ao enterro de Camilo José Cela. Unha chea de coroas encargadas desde todo o mundo despediron ao nobel nesta tarde de inverno, nun funeral que oficiou o Padre Isorna.

  • A fundación Camilo José Cela

    A fundación Camilo José Cela

    A morte do nobel galego Camilo José Cela persoeiros da cultura e da vida política galega falan nesta montaxe de Ernesto Mosquera, do seu legado a Galicia a través da súa Fundación. El mesmo fala do epitafio que lle gustaría na súa tumba.

  • Seguindo o afundimento do Prestige

    Seguindo o afundimento do Prestige

    O afundimento do Prestige e as consecuencia ecolóxicas e económicas que supuxo para Galicia foron o tema de portada de todos os programas informativos da Radio Galega de finais do 2002 e de boa parte dos de 2003. Un exemplo é este informativo Noticias Última hora dirixido por Alicia Buyo en de decembro de 2002.

  • Bos días. A morte de Cela

    Bos días. A morte de Cela

    Ás oito da mañá deste 14 de xaneiro faleceu en Madrid Camilo José Cela aos 85 anos de idade. A noticia marcou a información da xornada. A revista informativa Bos días dedicou boa parte do seu contido á noticia e ás reaccións que no mundo da cultura e tamén na localidade de Iria Flavia se produciron.

  • Shin Chan

    Shin Chan

    Shin Chan é un neno optimista e despreocupado, que sinte debilidade polas mulleres guapas e ten unha habilidade especial para alporizar a todos cantos se cruzan no seu camiño. Tanto no colexio como na casa protagoniza todos os conflictos.

  • O rei da comedia

    O rei da comedia

    Un programa concurso que xira arredor do mundo do humor na televisión e que tamén é un concurso de tele realidade. Van ser os propios concursantes, que se manteñen ao longo de toda a temporada, os encargados de deseñar o propio programa.

  • Telexornal Serán

    Telexornal Serán

    O afundimento do Prestige con máis de 70.000 toneladas de petróleo a bordo e as súas consecuencias ocupan este informativo. Os técnicos confiaban en que a vertedura do Prestige quedaría reducida á que se produciu nas primeiras horas do accidente.

  • A catástrofe do Prestige

    A catástrofe do Prestige

    Así comezou a historia do Prestige, un buque que transportaba 77 mil toneladas de petróleo a 28 millas da costa galega, fronte á Costa da Morte, cando un golpe de mar fixo unha fenda no seu casco. Ía producirse a catástrofe ecolóxica máis grande da historia de Galicia.

  • Investigación TV. Pederastas

    Investigación TV. Pederastas

    Traballo de investigación que, facendo uso da cámara oculta, permitíu deter un presunto pedófilo. Unha xornalista faise pasar por unha nena de 13 anos a través da rede e contacta cun home de 50, que resulta ser abogado dun bufete de Madrid.

  • O son da terra. Xosé Manuel Budiño en concerto
  • Fíos

    Fíos

    Fíos é unha serie producida no ano 2002 que xira en torno á fábrica ourensá da familia Sueiro, propietarios dunha próspera empresa téxtil: Fíos.

  • Avenida de América

    Avenida de América

    Avenida de América é unha serie producida por TVG no ano 2002. A acción transcorre na Escola Central de Hostalería de Galicia situada na Avenida de América nº 30. Narra as experiencias dun grupo de mozos que estudan nesta escola, os seus primeiros anos fóra da súa casa e o seu contorno habitual. As relacións entre eles, e os adultos que os rodean.