Especiais
2001-
A noite de San Xoán
Paco Rivas presenta este programa na noite de San Xoán e nel recóllense historias sobre as súas orixes, as súas manifestacións, divertimentos, costumes e crenzas, ritos e máis elementos da festa do día máis longo do ano.
-
Recuperando a galiña de Mos
A galiña de Mos é unha especie autóctona en perigo de extinción para a que productores e administración artellaron programas de recuperación. Na Radio Galega contan cales son as súas características e ata a razón desa denominación tan peculiar.
-
A campaneira de Cervo
Josefa Rouco foi a campaneira de Cervo durante 60 anos. E con 87 anos deixou o que para ela fora unha das súas principais ocupacións durante a maior parte da súa vida por desacordo co cura. A homenaxe que lle renderon obispado e veciños encheu a igrexa. Na Radio Galega contou a súa historia.
-
Chus Lago conta o Everest
A alpinista viguesa Chus Lago, que subiu ao Everest sen osíxeno en 1999, conta a súa aventura nun libro que publicou dous anos despois. Coincidindo coa publicación dese volume (Everest, fuera de la Tierra), contou a súa aventura alpinista na Radio Galega.
-
Vicente Ferrer no Miradoiro
Mari Pereira entrevista a Vicente Ferrer, presidente da fundación humanitaria que leva o seu nome, premio Príncipe de Asturias, coincidindo coa súa visita a Santiago para participar na xornada O voluntariado, unha oportunidade para a participación.
-
TXmediodía Deportes
A información deportiva ten unha identidade propia dentro dos informativos de mediodía da TVG. Éste é un día histórico no se que enfrontan o Deportivo e o Arsenal na Liga de Campións.
-
Galicia século XXI
Galicia chegou tarde á Revolución Industrial, ¿saberá agora aproveitar a oportunidade que representa a nova economía da Sociedade da Información?. O programa combina a visión global do cambio do mundo coas opcións locais de resposta ao desafío.
-
Comediantes
Así son os comediantes. Un docusoap protagonizado polos actores e actrices cos que os galegos vivimos cada día, no que nos contan non só o que xa coñecemos do seu traballo, senon tamén como son e que fan cando non están na pantalla ou no escenario.
-
Por amor á arte
O músico Carlos Núñez é o protagonista do primeiro programa desta serie, na que van aparecendo persoeiros da arte, da música, da literatura, da costura, das artes dramáticas ou da literatura. Con Carlos Núñez o programa viaxa ata o Alto do Poio-Cebreiro, para recoller as loias do último brindeiro do Courel. Sube ata a Cova da Moura, na parroquia da Mezquita, e escoita lendas fantásticas. Tamén o vemos actuando nun concerto.
-
Pista de baile
O baile de competición é o protagonista deste programa. Nel aparecen as parellas que nese momento están na elite desta modalidade e que participan nos circuitos máis importantes de España. No primeiro programa as parellas participantes amosan as súas habilidades desde a praia de Aro, en Xerona.
-
Pequeno hotel
Comedia de situación que se desenvolve nun hotel situado a carón da muralla de Lugo, é unha serie de 26 capítulos de 35 minutos de duración, dirixida a un público familiar, rural e urbano. As tramas de “Pequeno Hotel” estan centradas nos cruces entre os donos e os empregados do hotel, e os dive
-
Terra de Miranda
A serie discorre na Terra de Miranda, unha vila imaxinaria do interior de Galicia á que chega Carmela, unha muller separada procedente de Vigo, á que acompañan os seus dous fillos, coa idea de retomar a súa profesión de veterinaria. Alí en Miranda
-
O príncipe de Bel-Air
O príncipe de Bel-Air narra as vivencias dun mozo a quen lle cambia radicalmente a vida cando se traslada a vivir ao selecto barrio de Bel–Air, en Hollywood. O rapaz chámase Will e criouse nun arrabalde do oeste de Filadelfia, onde pasaba o máis do tempo nas canchas de baloncesto e en malas compañías.
-
Maite Cabezas: Cantei no "Luar"...Miña nai non o superou
A xornalista Maite Cabezas lembra como se botou a cantar no programa Luar, atrevemento que aínda non superou súa nai.
-
Galicia Expréss
Manuel abandona os estudos de dereito para realizar o proxecto que acariña desde hai tempo, unha mensaxería: Galicia Expréss. Para iso, conta co apoio da súa moza, Elisa Novo, -unha estudante de dereito brillante pertencente a unha boa familia, e coa axuda económica de Sandra, -a irmá maior de Elisa-.
-
Cibernatura
Cibernatura é un espazo divulgativo de 15 minutos que se propuña a toma de conciencia sobre a necesidade de coidar o planeta Terra da destrución e da degradación que supoñen certos hábitos.
-
Contagotas
Contagotas é unha espazo divulgativo que procuraba a sensibilización para o coidado do medio natural.