Especiais
2000-
Santiago, capital cultural europea
A Radio Galega retransmitiu en directo a presentación da Capitalidade Europea da Cultura do ano 2000, na que participaron o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o ministro de Educación e Cultura, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.
-
A muralla, patrimonio da humanidade
A Unesco declarou o 30 de novembro do ano 2000 a Muralla de Lugo patrimonio da humanidade. O programa O Miradoiro da Radio Galega dedícalle a ese singular monumento e á cidade de Lugo enteira unha boa parte do espacio dese día.
-
A vida aberta
A vida aberta retrata a vida real dun centro público con gran actividade. Desde un hospital público como o Clínico de Santiago, ata un centro de hospedaxe como o que se retrata neste capítulo titulado Cidade de vacacións Monte do Gozo.
-
Rías Baixas
Gloria Leiro é unha muller que chega dende Arxentina ata Cambados para coñecer ao seu benefactor, Don Ramón. Don Ramón é o patriarca dos Lataño, familia propietaria de adegas e viñedos na comarca do Salnés. A chegada de Gloria, xusto no día en que Don Ramón e Dona María celebran as súas vodas de ouro, reabrirá moitos conflictos soterrados na familia.
-
Informativos 2000
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo do ano 2000 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Mar de fondo
Foi o primeiro home do tempo en 1986 e mantivo desde entón esa imaxe do home do tempo da televisión. En Mar de Fondo informa da situación meteorolóxica para a xente que vive de cara ao mar.
-
Galicia visual
Cento vinte programas de información turística galega. Sete son os eixos destes documentais: a cultura popular, os aloxamentos, os artistas, os restaurantes, os locais con encanto, as rotas cercanas e as novas ofertas.
-
Mar de fondo
Mar de Fondo é un programa de información meteorolóxica pertencente aos Servizos Informativos que está especialmente dirixido a xente do mar.
-
Mar a mar
Nova edición do musical que neste verán de 2000 chega á súa terceira edición
-
Inundacións en Mozambique
A primeiros de marzo do ano 2000, a forza do tifón Elianne provocou graves inundacións en Mozambique. Máis dun millón de persoas quedou sen fogar, houbo milleiros de desprazados e importantes destrozos materiais.
-
Chunda Chunda
Serie documental de oito capítulos que seguíu a vida de dúas orquestras ao longo dun verán durante as súas actuacións e tamén na súa vida cotiá.
-
Xoán Paulo II beatifica os pastores de Fátima
O 13 de maio do ano 2000, o Papa Xoán Paulo II beatifica no Santuario de Fátima (Portugal) a dous dos pastores, os irmáns Jacinta e Francisco Marto, que viviron cando eran nenos as aparicións da Virxe en 1917.
-
Afundimento do "Zafir" no Mar Exeo
O 15 de febreiro do ano 2000, ás 3 da mañá, o buque ESPRESSO DE CATANIA aborda ao ZAFIR no Mar Xónico, á altura de Catanzaro (Calabria), ao sur de Italia.
O ZAFIR afúndese rapidamente. Dos 14 tripulantes, todos galegos, só se salva o mecánico naval en prácticas, Óscar del Río, de 23 anos e natural de Vigo.