CRTVG

Buscar

Especiais

1998
  • Especial 24 de xullo

    Especial 24 de xullo

    O Especial 24 de xullo é unha gala especial que se emite a véspera do Día de Galicia. Nel caben actuacións musicais dos maiores referentes da música galega. O programa inclúe tamén a emisión dos Fogos do Apóstol, a sesión pirotécnica que anuncia o 25 de xullo. 

  • Qué pasou en 1998?

    Qué pasou en 1998?

    Este é o resumo do ano que a Radio Galega fixo de 1998, o ano en que o Discover Enterprise se empotra contra a Ponte das Pías, Rouco Varela é nomeado cardeal, Xoan Paulo II viaxa a Cuba, once estados son elexidos para compartir o euro e Pinochet é arrestado en Londres.

  • Educar hoxe

    Educar hoxe

    Experiencias formativas de nenos, pais e mestres durante o curso escolar. O inicio do primeiro curso escolar dos máis pequenos, a chegada á escola ou a experiencia de compartir son analizadas no espacio, que debate sobre as tarefas extraescolares.

  • Vivi-lo mar

    Vivi-lo mar

    Espazo con vocación didáctica especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país. A costeira do bonitoé a protagonista deste capítulo.

  • Tardes de verán

    Tardes de verán

    Magazín diario de actualidade e entretemento, en directo durante tres horas contaba coa colaboración do grupo humorístico Risoterapia, con Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, e outras seccións propias de espazos de verán.

  • 1998. Resumo do ano

    1998. Resumo do ano

    Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1998 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.

  • Galicia directo

    Galicia directo

    Programa diario que lle presta unha atención especial á actualidade local, elaborada desde as distintas delegacións da TVG, con reportaxes personalizadas. 

  • Telexornal. Desde Bruxelas

    Telexornal. Desde Bruxelas

    Os servicios informativos de TVG realizaron nos primeiros días de maio de 1998 os telexornais desde o Coliseum de Bruxelas, a sede da Comisión Europea, onde se celebrou o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno que decidiría a posta en marcha da moeda única e o calendario para a súa implantación en Europa. TVG compartíu set nos soportais do Coliseum coas principais televisións europeas.

  • Tardes con Ana

    Tardes con Ana

    Despois do éxito acadado como presentadora do programa Toda unha vida emitido por TVG en 1996, Ana Kiro volve á Galega en 1998 como condutora da revista de  tarde Tardes con Ana.

  • María Bouzas: Que difícil facer un programa diario en directo
  • Helena Soto: Nos especiais da lotería de Nadal podías "Soltarte a melena"

    Helena Soto: Nos especiais da lotería de Nadal podías "Soltarte a melena"

    Helena Soto lembra que ten moi bos recordos dos especiais da Lotería de Nadal. 

  • Galicia directo
  • Facer memoria.

    Facer memoria.

    O primeiro capítulo desta serie documental recolle pasaxes da historia de Compostela, de Sarria e de Terra de Montes a través da revisión das fotografías historicas. Inclúe tamén unha reportaxe sobre a obra fotográfica de Luis Ksado.

  • Con luz propia

    Con luz propia

    É un programa no que se pretende coñecer máis de preto a famosos artistas musicais. Na súa primeira edición os objetivos son Julio Iglesias, Gloria Estefan, Antonio Machín e os Beatles.