Especiais
1995-
Luar número 100
Luar celebrou a súa edicióno seu número 100, A Roda, Emilio Cao, Juan Pardo, Goma 2, Xil Ríos, Diosiño, María Ostiz, a Banda de Vincios, o Gaiteiro de Armentón, Bernardo Xosé e Pedro Abrunhosa.
-
Dez anos da Radio Galega
Dez anos despois da súa creación, un programa especial lembra algunhas das intervencións que suscitou a posta en marcha da Radio Galega. Nicolás Camino da paso ás intervencións de Xerardo Fernández Albor, Tomás Fernández Martín, Xosé Luis Barreiro ou Carlos Casares, entre outros.
-
1995. Resumo do ano
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1995 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Ventá aberta
O obxectivo deste espacio é o de difundir a nova imaxe galega. Pretendía ser un mirador das novas imaxes producidas en Galicia nos primeiros anos da década dos 90. Documentais, videocreacións, dramáticos, animacións, videoclips, tódolos xéneros audiovisua
-
De viva voz
Programa de debate con presenza de público no plató que participaba con preguntas aos expertos nos temas que se elixían para cada edición. A primeira estivo dedicada á obsesión por adelgazar e nela participaron expertos e colect
-
Senda verde
Programa dedicado aos deportes e a ecoloxía, os animais e as plantas, combinadas con probas tendentes a mellorar o coñecemento e o respecto ao medio ambiente, nas que tiñan especial relevancia as relativas ao trato que lle hai que dar aos animais, principalmente aos cans.
-
Pratos combinados
A serie conta as peripecias da familia Pereira á fronte do Bar Suizo. O matrimonio formado por Miro Pereira e Balbina Santos comparte as súas venturas e desventuras cotiás cos seus fillos Rosalía e Miguel. A avoa Carmen completa con eles un panorama de tres xeracións con xeitos de pensar moi diferentes, que desencadean frecuentes situacións humorísticas. A eles súmanse o Tío Antón e Paspallás.
-
O semanal
Programa semanal que inclúe na súa primeira edición as reportaxes Oubiña rico, pobre Oubiña, O neno de Boiro, Gal: un 'x' sen nome e Cheche
-
O noso mar
Programa informativo semanal sobre o sector pesqueiro que aborda, na súa primeira edición a situación da pesca do bonito na reportaxe Nos dominios do príncipe azul. Os peixes azuis teñen unha linaxe que os diferencia. No máis alto desa estirpe está o bonito. É o prínxipe azul. Animais limpos, de bo tamaño, cun aroma suave tanto antes como logo de seren cociñados e cunha carne de excelente sabor e de grande consistencia.
-
Antonio Pernas: Estabas bárbara, Maite Cabezas
A xornalista Maite Cabezas lembra co deseñador Antonio Pernas e pregúntase como se atreveu a entrevistalo vestida con roupa que lle ía 7 tallas máis grande...
-
Esto é noticia
Este espazo tenta sorprender pola súa viveza e interese, curiosidade e espectacularidade de imaxes e contidos. O obxectivo fundamental deste espacio é amosar todas aquelas noticias que chegan á redacción e que quedan escurecidas polas grandes portadas do día, pero que sen embargo teñen interese para os cidadáns.
-
Día a día
Revista de actualidade semanal que, nesta primeira edición, conta coa presencia de Fernando Vázquez, adestrador daquela da SD Compostela.
-
A Nanny
A Nanny é unha comedia de situación protagonizada por Fran Fine que fai de vendedora de cosméticos porta a porta, logo de deixar o emprego na tenda de seu ex prometido. Un día vai vender á porta dos Sheffield e alí consegue o emprego de aia.
-
A cara descuberta
Programa de entrevistas a personalidades galegas que non eran de todo coñecidas polo gran público, polo seu tipo de dedicación, ou porque residen fora de Galicia. Este primeiro programa está dedicado a Manuel Cordo Boullosa, fundador de Galp.