CRTVG

Buscar

Especiais

1994
  • Telexornal mediodía

    Telexornal mediodía

    A presentación do Telexornal Mediodía desde a praza do Obradoiro o Día de Galicia converteuse nunha tradición. Un ano máis a Catedral de Santiago convértese na imaxe de fondo e a praza no son ambiente do informativo do día máis festivo de Galicia.

  • Cariña de anxo

    Cariña de anxo

    Telenovela infantil protagonizada por Dulce María, unha nena alegre e bondadosa que queda ao cargo dunhas monxas logo de que seu pai, deprimido pola morte da nai de Dulce María, a deixe no convento por un tempo.

  • Verán de estrelas

    Verán de estrelas

    Programa musical producido para as televisións autonómicas desde a illa da Toxa para os venres do verán. O programa emítese ao aire libre e cun espectacular plató deseñado para a ocasión.

  • 1994. Un ano de noticias

    1994. Un ano de noticias

    Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1994 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información. 

  • Telexornal Comarcas
  • Parlamento

    Parlamento

    Programa semanal que segue a actividade parlamentaria. Nesta edición atende o debate que se produce na Cámara sobre os Presupostos de Galicia para 1995 presentados polo conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza.

  • Ímolo ver

    Ímolo ver

    Unha nova experiencia televisiva no mundo do deporte, un programa debate dos luns, para analizar as xogadas máis polémicas da xornada da fin de semana e en xeral todo o que pasaba co fútbol. Contaba con comentaristas, expertos e xogadores de fútbol. Raúl García de

  • A mañá

    A mañá

    Programa creado para manter a continuidade da emisión entre as 10 e as 13 horas, dando paso a cada un dos variados espazos desta primeira parte do día. Neste gran contedor estaban o Telexornal Primeira Hora, o curso de galego Imos Aló, a telenovela, a información do tempo no mar de Santiago Pemán, a serie Veciño

  • Xabarín Club

    Xabarín Club

    Espazo que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social, con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia). Emitiu series de debuxos e espazos de produción propia e música orixinal.

  • Parlamento (1994)

    Parlamento (1994)

    Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.

  • Ímolo ver
  • Helena Soto: de voda real

    Helena Soto: de voda real

    Helena Soto lembra o programa especial da voda da Infanta Helena con Jaime de Marichalar en Sevilla. 

  • Inspector Tomé: e a gabardina?
  • Feitos
  • Galeguidade

    Galeguidade

    É un programa pensado para a Galicia da emigración realizado en directo e emitido tamén para América, con varias familias da emigración como protagonistas, que se reencontran a través da televisión, desde o plató da TVG aos puntos de conexión en directo en Arxentina e en Brasil.

  • Galegos do milenio

    Galegos do milenio

    Un programa dedicado aos galegos da fin do milenio empeñados en colaborar na construcción dunha Galicia moderna cara a súa entrada no século XXI. O primeiro personaxe protagonista do programa é o premio Nobel de literatura Camilo Xosé Cela, que recorda o acto de entraga do galardón concedido pola academia sueca.

  • Etcétera (1994)

    Etcétera (1994)

    Etcétera é un programa cultural que se emitiu case 10 anos, e sempre dirixido polo escritor Luís Mariño. Etcétera tiña unha duración de media hora e, nese tempo, o programa trataba todos os eidos da cultura. 

  • Doraemon

    Doraemon

    Doraemon comeza cando na vida de Nobita, un rapaz feble que usa lentes e estuda cuarto curso, aparece un gato azul sen orellas que sae do seu escritorio e lle come o almorzo. Este gato Doraemon é un robot-gato de rúa moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais.

  • Comarcas (informativos)
  • Ágora agora

    Ágora agora

    Marina Castaño dirixe e presenta un programa realizado na Casa de Galicia de Madrid e coa muller como protagonista. Nesta primeira edición participan Cristina Alberdi, Ana Botella, Covadonga O'Shea e Olivia Herbosch.